URBANISMO

Cen mil euros para actualizar a cartografía municipal

03/09/2007 O Goberno local aprobou o prego e iniciou o expediente de contratación dunha asistencia técnica para a actualización permanente da cartografía de referencia municipal. O tipo de licitación será de 100.000 euros, que permitirán a obtención de cartografía numérica renovada, utilizando como documentación de partida a actual.

Os traballos deberán realizarse nun prazo máximo de seis meses e comprenden varias fases: recepción da documentación inicial, voo fotogramétrico para a súa restitución, densificación da RTB municipal e apoio de campo, creación de minutas de restitución, revisión topométrica de campo, control de calidade, xeración de saídas gráficas e entrega da documentación final. O prazo de execución é de seis meses.

Compartir: