CULTURA

Novas actuacións no Festival D´Gorra da man de Circanelo e Corpo Corto

22/08/2007 Ata o domingo seguiremos a desfrutar, tanto nenos como maiores, das divertidas actuacións que están percorrendo as prazas do Casco Histórico, dentro do Festival D'Gorra, e dos variados estilos músicais que nos trae o Feitoamán. Comezan as actuacións de Circanelo e Corpo Corto, dous grupos especializados na acrobacia mesturada con doses de humor para todos os públicos. Ademais repiten outros artistas, como Los Últimos ou Lupo, por se algún se perdeu o seu espectáculo en días pasados.

O xoves 23 dende ás 12:30 na Praza de Platerías poderemos asistir ao teatro xestual de Circanelo, artista que actuará de novo pola tarde, ás 17:30, pero desta vez tendo como escenario para o seu espectáculo a Praza da Quintana; media hora máis tarde, na Praza do Toural sorprenderanos de novo o humor e a maxia de Los Últimos, e ás 18:30, na Praza de Platerías, Capuzzi & Srta. X deleitarannos coa súa animación e danza acompañados de música de todas as épocas.
Unha hora máis tarde, na Praza da Quintana, vibraremos coa música en directo de Ciganí. Ás 20:00 na Praza do Toural, nova actuación da man da acrobacia do dúo de Corpo Corto. Xa en último lugar, ás 20:30, a maxia de Lupo pechará a xornada na Praza de Platerías.
Para os afeccionados á boa música, Feito a Man seguirá un día máis a deleitar os seus oídos con dúas novas actuacións. A primeira terá lugar ás 20:30 en Tras de Salomé con Snactch e a sua música funky; a segunda situarase no Calexón de San Paio xa máis entrada a noite( ás 22:30), onde poderemos escoitar Jazz gracias a actuación de Kin García Trío.

Compartir: