CULTURA

Última oportunidade para ver algúns dos espectáculos do Festival D’Gorra

21/08/2007 Chacovachi, Roi o Cagabolas e Maku Jarrak despídense o mércores das rúas de Compostela. Aínda poderemos velos ás 12:30 na Praza de Platerías, ás 17:30 na Quintana e ás 18:00 no Toural, respectivamente.

Pero non son as únicas actividades previstas para esta xornada do Festival D’Gorra: ás 18:30 na Praza de Platerías teremos a presenza dun clásico no mundo dos malabares como é Kote Malabar. Ás 19:30 na Praza da Quintana poderemos botar unhas cantas gargalladas grazas á actuación de Casi K Si; media hora despois, na Praza do Toural, Lupo ofreceranos un cocktail de risas e increíbles habilidades; por último e para rematar este día de continuas risas, ás 20:30 Los Últimos ofrecerán o mellor teatro de rúa na Praza de Praterías.

Pola súa parte, Feito a Man deleitará aos amantes da boa música con dúas actuacións: unha delas terá lugar na Praza de Feixoo, ás 20:30, da man de Fratelli Negroni con música de Cabaret. A outra cita terá como escenario San Paio ás 22:30, e nela asistiremos con Ulo Trio ao mellor Flamenco Jazz.

Compartir: