PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha guía editada polo Concello permitirá aos emprendedores coñecer os elementos fundamentais á hora de poñer en marcha un negocio

21/08/2007 O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o contido das dez Microguías de Oportunidade de Negocio que elaborará o departamento que dirixe. As guías enmárcanse no conxunto de accións levadas a cabo a través do Plan de Excelencia Comercial, no eixo de actuación denominado Impulso de novas Iniciativas Comerciais.

As microguías teñen como obxectivo fundamental facilitar ao emprendedor unha información específica a partir da cal poida concretar aspectos fundamentais da empresa que ten pensado crear. En concreto, poderá dispor de datos sobre o mercado, o produto, os clientes, a análise económico- finacieira ou as particularidades da actividade.

Para a elaboración das dez Microguías de Oportunidade de Negocio empregarase, entre outra información, a "Diagnose de Situación do Sector Comercial e a hostalería", elaborada no ano 2006. Está previsto que as guías se editen para repartir de xeito gratuito entre os asistentes á Xornada Emprende en Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, que se celebrará o 23 de outubro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago. Toda a información sobre a xornada está dispoñible na páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org, no microsite sobre Compostela Activa.

Microguías de Oportunidade de Negocio
As oportunidades de negocio incluidas nas dez microguías enmárcanse no sector terciario. Son comercio, hostalería e sector servizos.

•Comercio
1.Tenda de xoguetes antigos, artesanais e educativos:
A idea deste negocio basearase nos xoguetes sen pilas. A oferta dos seus produtos será o suficientemente ampla paras abranguer as necesidades tanto dun particular como dunha institución educativa ou dunha empresa privada adicada a educación.
2.Establecemento de produtos alimenticios e froitas exóticas:
Neste establecemento o cliente podería degustar o produto procedente doutras culturas antes de mercalo. Ademáis dos pratos elaborados, ofreceríase froitas exóticas e zumes extraídos a partires deses froitos.
3.Ampliación da liña de negocio: carnizaría, peixaría e posto de verduras:
A idea desta guía é a diversificación da actividade que se está a desenvolver, e dicir, ampliar a oferta de producto ou servizo. Un exemplo sería elaborar zumes con froita que está á venda, coa posibilidade de que o cliente poida ver todo o proceso e os poida mercar para consumilos na súa casa.
4.Tenda especializada en produtos para maiores:
A actividade aquí desenvolta diversificaríase en tres subactividades: organización de actividades de tempo libre para maiores, cafetería, tenda de agasallos para persoas maiores

•Hostalería
5.Restaurante espectáculo de calidade cultural e gastronómica. Sería un restaurante que oferte espectáculos relacionados directamente coa oferta cultural que ofrece Compostela nos diferentes momentos do ano, e que complemente a oferta cultural e gastronómica da cidade.
6.Restaurante de alto prestixio:
Sería un restaurante onde o comensal podería elexir o produto que quere degustar e observar como se cociña ou elabora. Todos os produtos estarían á vista dos clientes.
7.Restaurante de postres creativos e orixinais:
Trátase dun novo concepto no sector da hostalería e a restauración, onde o produto estrela serían os postres elaborados polos propios emprendedores, como surtidos de chocolates e bombóns, xelados de diferentes sabores e texturas, tentempés doces e salados, fontes de chocolate con froitas, barcas de chocolate recheas de froitas, etc. Ademais dos postres poderíanse degustar comidas salgadas e tapas. O valor engadido sería a decoración e a imaxe do local e o proceso de elaboración dos postres, que podería ser observado directamente polos clientes.
8.Bar de Oxígeno y Aguas:
Local onde se respire aire puro e beneficioso para a saúde a través de máquinas de osíxeno, ademais de ter a posibilidade de degustar hasta 30 tipos de auga diferente procedente de todo o mundo. Os produtos que se poderían ofrecer serían os seguintes:
-Sesións de osíxeno
-Terapias manuais de masaxes
-Tratamentos estéticos e corporais
-Tratamentos faciais
-Augas: de manantial, suecas, francesas, suizas, italianas etc, con sabores afroitados e orixinais, con gas ou sen gas, etc

•Servizos
9.Servizos de canguros políglotas:
Sería unha empresa que entre os seus servicios ofrecería o seguinte:
-Canguros: ademais de coidar aos nenos impartirían clases dalgún idioma. Este último servizo sería opcional.
-Academia de formación en idiomas para nenos (inglés, francés, portugués, italiano, etc)
-Guías turísticos políglotas especializados en organizar actividades para nenos, como os fillos de turistas.
10.Servizos domésticos/ Servizos a domicilio:
Centrado especialmente en servizos destinados a particulares como: coidado de nenos, servizo de recados e limpeza.O punto forte ou o posicionamento da empresa sería a cercanía e a confianza do persoal.

Compartir: