PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica emitíu 19 certificados para empregar o convenio de colaboración cos medios de comunicación

13/08/2007 A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo emitíu dende maio 19 certificados para que comecios e empresas podan acollerse aos descontos en publicidade que os medios de comunicación local ofertan a través do Programa de fomento e investimento en publicidade e promoción comercial. O obxectivo da Concellaría é potenciar o uso da publicidade entre comercios e empresas coma un investimento rendible.

Os comercios participantes no Concurso de Escaparatismo SCQ Shooping e no Concurso de I+C. Imaxinación máis Comercio, e as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias das liñas de subvencións de Compostela Activa, Equal Compostela Social, Persoa e dos demais programas de creación de empresas da Concellaría de Promoción Económica e Comercio, poden contratar a inserción de publicidade nos medios de comunicación locais grazas ao convenio asinado entre o Concello e os medios. Este convenio enmárcase no programa Compostela capital de compras.

O funcionamento do sistema de contratación de publicidade é o seguinte: a Concellaría de Promoción Económica e Comercio emite un certificado aos establecementos, persoas ou entidades que participaron nalgún dos programas especificados no convenio. Este certificado sérvelles para contratar directamente a publicidade aos prezos especiais fixados polos medios de comunicación asinantes nos anexos adxuntos ao convenio.

Compartir: