MULLER
A intención da Asociación Teense pola Igualdade é institucionalizar esta marcha e facela estable no tempo. Nesta primeira experiencia, ademais de asociacións españolas, tamén se uniu unha do norte de Portugal.
Mulleres de varios puntos de España percorren o Camiño de Santiago á Costa da Morte en prol da igualdade
09/08/2007 Varias asociacións españolas pola igualdade percorrerán o Camiño entre Santiago e Muxía entre o xoves 9 e o domingo 12 de agosto. Á fronte desta expedición está a Asociación Teense pola Igualdade. As súas integrantes foron recibidas en Raxoi pola concelleira Mercedes Rosón.
Despois da recepción, as mulleres iniciaron o seu percorrido dende a Praza do Obradoiro. Por diante, catro xornadas que servirán para reclamar a igualdade entre homes e mulleres e, ao mesmo tempo, reivindicar esta prolongación do Camiño que leva aos peregrinos ata Fisterra e Muxía.A intención da Asociación Teense pola Igualdade é institucionalizar esta marcha e facela estable no tempo. Nesta primeira experiencia, ademais de asociacións españolas, tamén se uniu unha do norte de Portugal.