CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Conxo continúa coas súa actividades tamén en agosto

08/08/2007 Agosto tamén é un mes cheo de actividades no Centro Sociocultural de Conxo, con especial atención ás destinadas aos máis novos. Ao longo das semanas sucederanse distintos talleres, xogos, actividades deportivas, exposicións e excursións.

No eido dos obradoiros, haberaos de encadernación, camisetas, acuarelas e creación de páxinas web. As rotas e saídas levarán aos participantes aos parques da cidade, á Curuxeira ou ao Pedroso. Ademais, ata o 1 de setembro estará aberta a exposición "Xogando en África", que amosa xoguetes feitos por nenos e nenas de Angola e fotografías de Luís Miguel Belvís. E como peche, festa da auga o 31 de agosto.

Documentos relacionados



Compartir: