CONSORCIO

O Consorcio publica os 50 anos de historia de "Música en Compostela"

06/08/2007 Cando se cumpre o 50º aniversario dos cursos "Música en Compostela", considerados como os máis antigos de España, o Consorcio de Santiago reedita os dous primeiros volumes publicados respectivamente en 1994 e 1995 e presenta o terceiro tomo que comprende os anos que van dende 1995 ao 2007.

En 1994 o Consorcio editou o primeiro volume destes cursos, que abarca dende 1958 ata 1974. O ano seguinte, en 1995, editou o segundo volume que comprende dende 1975 ata 1994. Agora, xunto coa reedición destes tomos esgotados, presentouse o terceiro volume, que abarca de 1995 a 2007. Neste novo tomo recolléronse as colaboracións especiais de Xosé A. Sánchez Bugallo, Xerardo Estévez, Senén Barro, Antoni Ros Marbà, Maximino Zumalave, Juan José Moralejo, José López Calo e Enrique Jiménez, así como as testemuñas de Alicia de Garrocha, Luis de Pablo, Cristóbal Halffter ou Jesús López Cobos, entre outros.

Cómpre lembrar que si por algo destacan os cursos internacionais é pola asistencia de alumnos de tódalas partes do mundo. De aí o seu prestixio. Un prestixio do que da fe o nome de grandes artistas mundialmente recoñecidos e ligados a estes cursos como Alicia de Larrocha, Gaspar Cassadó, Conchita Badía, Federico Mompou, Rosa Sabater, Jesús López Cobos, Victoria de los Ángeles ou Monserrat Caballé, que asistiu ás clases de canto en 1962.

A Antonio Iglesias deben os Cursos non só que acadaran sen interrupción a quincuaxésima edición, senón tamén que Santiago de Compostela e Galicia puideran obter, a través dos mesmos, unha nova dimensión de proxección internacional.

Compartir: