ALCALDÍA

O artista Manuel Bonome cede algunha das súas obras ao Concello

06/08/2007 O artista compostelán, Manuel Bonome Abeledo, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. No encontro falaron da cesión dalgunhas das súas obras que o artista fará ao Concello.

Nado na rúa García Prieto, en Conxo, Manuel Bonome Abeledo é un dos artistas galegos máis representativos no eido da pintura, da escultura, da cerámica e da ilustración. Iniciado no prestixioso taller do seu pai, tivo a ocasión de participar en París en movementos vangardistas da pintura e da escultura. Entre os moitos lugares onde ten exposto as súas obras está o Centro Internacional de Arte Contemporánea da capital francesa.

Compartir: