DEPORTES

Máis dun millón de euros para o novo campo de fútbol de San Lázaro

06/08/2007 Nun prazo duns 10 meses estará lista a nova área deportiva de San Lázaro na súa fase primeira, na que se investirán 1.121.821 euros. O Goberno local adxudicou estas obras, que dotarán ao barrio dun novo campo de fútbol, provisto de gradas, vestiarios, un aparcadoiro de 69 prazas e unha pequena dársena de autobuses.

O proxecto desenvolverase nunha parcela de 22.400 metros cadrados, situados a carón das instalacións do SERGAS, en San Lázaro, en concreto entre a rúa de San Lázaro e a rúa Penamaría. Para acceder ao campo, construirase un vieiro principal de 1.680 metros cadrados.

O novo campo de fútbol terá dimensións regulamentarias (65 por 105 metros) e dará servizo principalmente aos clubs Amio e Vitoria. Inicialmente será de terra, aínda que está previsto que nunha fase posterior poida pasar a ser de herba artificial. Á propia área deportiva engádese outra zona verde duns 10.000 metros cadrados.

Compartir: