BENESTAR SOCIAL

Comeza a redacción do I Plan Municipal de Servizos Sociais para o período 2007-2011

06/08/2007 O Goberno local adxudicou á empresa Cidadanía a redacción do I Plan Municipal de Servizos Sociais para o período 2007-2011. Nesta redacción investiranse 66.750 euros, que servirán para trazar os escenarios futuros e mellorar a atención á cidadanía nesta materia.

A redacción do Plan é a terceira e definitiva fase da elaboración do Plan, unha vez realizados os estudos da análise estratéxica da área social e a propia análise estratéxica. Cómpre indicar que este Plan está consensuado coas entidades que prestan servizos sociais e o diagnóstico realizarase en base a enquisas, grupos de discusión, entrevistas, reunións de traballo, etc.

Na redacción deste Plan Municipal de Servizos Sociais traballará unha diplomada en Traballo Social, con formación específica en habilidades sociais e dinámicas de grupo, e dúas licenciadas en Ciencias Políticas e da Administración. O proxecto adáptase ás novas esixencias da Lei de Dependencia.

Compartir: