Auditorio de Galicia

Ros Marbà dirixe zarzuela no Auditorio

16/06/2005 O venres 17 de xuño ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Ruperto Chapí, "La Revoltosa" e de Tomás Bretón, "La verbena de la Paloma".

Neste concerto, que dirixe Ros Marbà, intervirán os solistas José Antonio López, barítono; Ana Häsler, mezzosoprano, José Antonio Carril, barítono; Isabel Monar, soprano; Itxaro Mentxaca, mezzosoprano; Marina Pardo, mezzosoprano; Lloll Bertran, actriz e Fernando Latorre, barítono.

Tamén se conta coa colaboración do Coro de la Comunidad de Madrid, dirixido por Jordi Casas. A dirección escénica corre a cargo de Dani Salgado.

"La verbena de la Paloma", sainete lírico nun acto de Tomás Bretón, sobre libreto de Ricardo de la Vega, estreouse no Teatro Apolo de Madrid o 17 de febreiro de 1894. A acción discorre no madrileño barrio de a Paloma no que se está preparando a festa en honor da Virxe da Paloma, o tipógrafo Julián (José Antonio López), o protagonista, está desesperado pois ve como a modistilla Susana (Isabel Monar), a súa noiva, está sendo seducida polo boticario Don Hilarión (José Antonio Carril), un vello verde que pretende convertila na súa mantida coa complicidade da tía Antonia (Lloll Bertrán), en cuxa casa viven Susana e a súa irmá Casta (Ana Häsler).

"La Revoltosa", zarzuela nun acto, en tres cadros, de Ruperto Chapí, sobre libreto de José López Silva e Carlos Fernández Shaw, estreouse igualmente no Teatro Apolo de Madrid o 25 de novembro de 1897. A acción transcorre nun miserable e insalubre patio de vecindad. A historia de amor e celos primarios, teñen como trasfondo unha sucesión de farsas baseadas en supostos momentos da vida cotiá do patio de veciños en onde varias esposas urden unha clásica burla para escarmentar a seus casquivanos maridos. Os principais roles desta zarzuela serán representados por Ana Häsler (Mari Pepa), José Antonio López (Felipe), Marina Pardo (Soledad), Itxaro Mentxaca (Gorgonia), José Antonio Carril (Atenodoro) e Fernando Latorre (Cándido).

Compartir: