ALCALDÍA

Unha pequena historia de León con fins solidarios

30/07/2007 A sede da Fundación Caixa Galicia acolleu a presentación do libro "Historia Pequeña de León". Esta obra, editada pola Fundación Carriegos e financiada pola Fundación Caixa Galicia, contén textos do escritor, periodista e poeta Victoriano Crémer, e están extraídos das columnas de opinión que Crémer publicou na prensa leonesa nos anos 50 e 60.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu, xunto co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e co presidente da Fundación Carriegos e de Caja España, Santos Llamas, á presentación deste libro, que ten unha edición limitada de 300 exemplares. Os libros van acompañados dunha carpeta anexa con catro gravados asinados e numerados polo pintor e escultor leonés Ramón Villa, e con documentos persoais de Victoriano Crémer.

A recadación obtida da venda de "Historia Pequeña de León" irá destinada a financiar diversos proxectos culturais dirixidos principalmente a persoas con discapacidade.

Compartir: