DEPORTES

A Volta Ciclista a España visitará Compostela

27/07/2007 Seguindo coa liña de colaboración existente entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, está previsto que o domingo día 2 de setembro chegue á nosa cidade a Volta Ciclista a España 2007, para o que se asinará o correspondente convenio en breve.

Despois de varios anos sen contar coa presenza deste evento, os mellores equipos do panorama nacional e internacional, ademais do Karpin Galicia, equipo galego profesional, chegarán por fin a Compostela no que será unha gran festa para o mundo do ciclismo e unha gran proxección da nosa cidade cara ao exterior.

Despois de discorrer polas principais rúas da cidade, os participantes disputarán a chegada na zona de Salgueiriños, lugar escollido pola organización como meta para esta segunda etapa.

O Concellaría de Deportes anima a todos os cidadáns a que gocen deste espectáculo.

Compartir: