EDUCACION

Mesa redonda sobre Educación Afectivo Sexual

07/06/2005 "Experiencias dende unha perspectiva integral"

O xoves 9 de xuño terá lugar unha Mesa Redonda sobre educación afectivo sexual, baixo o título "Experiencias desde unha pespectiva integral".

Nela presentaranse diferentes experiencias e reflexións sobre como abordar un tema tan complexo como o da sexualidade, dende enfoques moi diversos: a familia, os materiais didácticos, os centros educativos ou o teatro como ferramenta educativa.

Nesta mesa redonda participarán Dª Elvira Cienfuegos López, Concelleira de Educación e Mocidade; Dª Lola Ferreiro Díaz, Coordinadora do proxecto de elaboración e posta en marcha de materiais de educación afectivo-sexula da Xunta de Galicia; D. Miguel A. Vázquez Freire, coordinador do obradoiro de teatro do IES E. Pondal; d: Ramón Molina, Educador social e pedagogo de Xeneme Intervención Social; Dª Felicia Estévez Salazar, coordinadora do obradoiro de saúde no IES Xelmírez II.

O acto terá lugar ás 18 horas, na sala de conferencias da Fundación Granell (Pazo de Bendaña- Praza do Toural).

A entrada é libre e de balde.

Compartir: