ALCALDÍA

Santiago e Asissi (Italia) sentan as bases dun posible irmandamento

24/07/2007 O rexedor da cidade italiana de Asissi, Claudio Ricci, mantivo un encontro en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ámbolos falaron dun posible irmandamento entre as dúas cidades, unidas polo seu rico patrimonio cultural, artístico e relixioso.

Asissi (Asís) é unha cidade italiana da provincia de Perugia, na rexión de Umbría. É a vila onde naceron San Francisco e Santa Clara. Ten máis de 26.000 habitantes, nunha área de preto de 187 quilómetros cadrados.

Compartir: