SANIDADE

O Refuxio de Bando ampliarase con dous novos módulos

23/07/2007 Un convenio entre o Concello e a Xunta permitirá ampliar e mellorar o Refuxio de Bando con dous novos módulos. O Goberno municipal deu conta deste acordo, polo que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza achegará 180.000 euros.

Dos dous módulos proxectados, un estará destinado ao acollemento e a corentenas. O outro permitirá aumentar a capacidade do centro, xa que contará cunha capacidade de 60 a 80 animais.

Compartir: