OBRAS

Obras de mellora nun tramo da travesía de Figueiras

23/07/2007 O Goberno local aprobou o proxecto de obras de mellora e acondicionamento dun tramo da travesía de Santiago e Figueiras, entre os puntos quilométricos 3,52 e 4. Así mesmo, acordouse remitir á Deputación da Coruña a resolución favorable de Patrimonio Cultural para que a entidade provincial contrate as obras.

Estas obras mellorarán as condicións de seguridade deste tramo da estrada. As actuacións afectan ao contorno da igrexa parroquial de Santa María de Figueiras, así como da súa casa reitoral, do hórreo e do cruceiro. Por ese motivo foi preciso solicitar o informe de Patrimonio. O importe das obras é de 239.927 euros.

Cambio de pavimento no Pavillón de Santa Isabel
Por outra parte, a Xunta de Goberno adxudicou as obras de cambio de pavimento e de melloras de ventilación no ximnasio do Pavillón de Santa Isabel. Esta intervención suporá un investimento de 28.600 euros.

Compartir: