ALCALDÍA

Iníciase o proxecto de expropiación da Casa do Cabildo

23/07/2007 Unha vez habilitado un crédito de 1.279.306 euros polo Consorcio, a Xunta de Goberno acordou o inicio do procedemento de expropiación, por taxación conxunta, da Casa da Cabildo. Dese xeito, pasarán ao dominio público os edificios 5 e 6 da praza das Praterías, cunha superficie respectiva de 194,7 e 337 metros cadrados.

O obxectivo do Consorcio é rehabilitar este edificio para logo dedicalo a actividades relacionadas co Centro de Información e Interpretación da Cidade. O Concello encargarase de realizar o procedemento de expropiación, para logo cedelo á entidade interadministrativa.

Compartir: