FESTAS

Un desfile pola cidade amosará a beleza, riqueza e artesanía do traxe galego

22/07/2007 O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, presentan o luns, 23 de xullo, a XXIX edición do Día do Traxe Galego. A celebración desta exaltación do tradicional traxe galego terá lugar o xoves, día 26 de xullo.

A Asociación do Traxe Galego naceu no ano 1994 co obxectivo de fomentar o estudo e a conservación do traxe tradicional galego, así como a súa promoción mediante a organización e desenvolvemento de conferencias, cursos, exposicións ou traballos de investigación.

A celebración deste día é un clásico das Festas do Apóstolo e trata de fomentar a cultura e as tradicións galegas, mediante a exaltación dun elemento que está presente na historia de Galicia: o seu traxe tradicional.

Compartir: