OBRAS

Iníciase a contratación das obras de reforzo do firme na vía M-8-IV, en Grixoa

16/07/2007 A Xunta de Goberno aprobou o inicio do expediente de contratación das obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV, en Vilar- Grixoa, cun tipo de licitación de 251.803 euros.

Esta actuación está incluída no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Excma. Deputación Provincial da Coruña, que ten previsto achegar para Santiago un total de 591.073 euros para dúas obras de reforzo do firme. O outro investimento é o da vía R-5-III-B (Son de Abaixo- Marzo de Abaixo).

Contratación de persoal
Por outra parte, e a proposta da concelleira delegada de Persoal, acordouse asumir os 297.535 euros outorgados pola Delegación Provincial da Consellería de Traballo para contratar persoal. En concreto, estes traballadores ocuparanse das obras de construción de beirarrúas en acceso a Vite de Arriba e grupo Diego Xelmírez.

Con esta subvención sufragaranse os custos salariais de 21 traballadores desempregados: cinco albaneis oficiais, tres albaneis, catro peóns especialistas, oito peóns e un electricista.

Compartir: