ALCALDÍA

A Universidade da Coruña entrégalle ao Concello de Santiago unha medalla conmemorativa de "Aulas no Camiño"

13/07/2007 Os participantes no proxecto cultural e de investigación "Aulas do Camiño", organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol), foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí entregáronlle unha medalla conmemorativa destes cursos en nome da institución académica herculina.

O curso "Aulas no Camiño: diálogos galego-portugueses nun camiño de identidades" conta con 20 participantes. Todos eles recibiron os seus diplomas neste acto institucional. Ademais, entregóuselle a Isaac Díaz Pardo a insignia de ouro "Aulas no Camiño", en recoñecemento ao seu labor no ámbito cultural e social de Galicia.

Compartir: