EDUCACIÓN

O pedagogo Fernando Palacios dará unha charla sobre como aprender a escoitar música

02/06/2005 O acto, que terá lugar no Salón de actos da Escola Municipal de Música de Santiago, o venres 3 de xuño ás 20 horas, está dirixido aos pais e nais, acompañados dos seus fillos, a educadores e a medios de comunicación.

A presencia de Fernando Palacios en Santiago de Compostela é unha boa ocasión para que as familias, acompañadas dos seus fillos e fillas e educadores poidan participar nunha sesión na que, con exemplificacións musicais, se ensinará a aprenderlles aos nenos e nenas a disfrutar coa escoita da música.

Fernando Palacios
En 1992 a Orquestra Filarmónica de Gran Canaria encargou a Fernando Palacios a posta en marcha do seu Departamento Educativo coa fin de investigar novas maneiras de achegar a música a outros públicos.

Ao éxito das súas propostas uníronse outras organizacións musicais ata extenderse por España e Latinoamérica. A editorial AgrupArte quixo tamén sumarse a esta "revolución", editando a súa colección de disco-libros "A mota de pó". Eles son os causantes do cambio producido nestes últimos anos no seo dos espectáculos e edicións musicais para nenos.

Fernando Palacios puido acometer este traballo gracias á súa variada formación e ás actividades complementarias que desempeñou: profesor de Pedagoxía Musical; creador de grupos musicais dispares; intérprete de música antiga; director e presentador de programas de radio e televisión (Música sobre a marcha, Son e Oído, Tira de música, e actualmente realiza en Radio Clásica As cousas de Palacios); compositor de obras de concerto (Fulgor na cochambre, Pianocócteles, Variacións Estigma), de músicas incidentais (Mañáns de abril e maio, Ínfimo) e de espectáculos multimedia (O silencio das sereas, Música con calquera cousa); articulista e escritor de libros de recursos (Artiluxios e instrumentos para facer música, Pezas gráficas para a Educación Musical, Escoitar, As óperas do Real e A brúxula ao oído); e profesor en Universidades, Escolas de Música e Centros de Profesores.

Unha importante parcela da súa creación está adicada a nenos e xóvenes: "A mota de pó", "Modelos para armar", "As baquetas de Javier", "Xogos de cámara", "Suite O Termómetro", "Tuve tuba por un tubo", "Insectos infectos", "Mamíferos mortíferos", "Álbum de músicas probables", e as óperas para todos os públicos "O Planeta Analfabia" e "A ópera dos sentidos".

Compartir: