FERRADURA ABERTA

A Banda Municipal de Música cambia de escenario para inaugurar Ferradura Aberta

11/07/2007 O tradicional concerto que a Banda Municipal de Música vén ofrecendo na Rúa do Vila, os xoves ás 19:30 horas, cambia de escenario este xoves por mor da inauguración oficial de Ferradura Aberta. Así, o concerto desenvolverase ás 19:00 horas no Paseo Central da Alameda.

O alcalde e membros da Corporación municipal participarán neste acto inaugural, que amenizará a Banda municipal. As actividades de Ferradura Aberta desenvolveranse no Paseo da Ferradura, na Alameda, de luns a venres e en horario de 18:00 a 21:00 horas. A participación é libre e de balde. Só fai falta achegarse ao lugar e dirixirse ás actividades que sexan de interese para cada un.

Haberá obradoiros de cestería, construción de xogos e xoguetes, encadernación e papiroflexia e percorridos no tren turístico. No eido do deporte, a oferta componse de carreiras de orientación, xadrez e xogos de mesa, tiro con cargo, esgrima, tenis de mesa e un rochódromo.

Os máis pequenos disporán dun espazo lúdico, ademais dun obradoiro de plástica e dun parque infantil de tráfico. Tamén os pais que vaian cos seus fillos terán un lugar específico para eles.

Compartir: