REHABILITACIÓN

Adxudicado o estudio sobre A Almáciga para a súa futura declaración como ARI

09/07/2007 O Goberno local adxudicou á Universidade de Santiago a redacción dun estudio sociourbanístico sobre o barrio da Almáciga, con vistas á solicitude de declaración do mesmo como Área de Rehabilitación Integral (ARI).

O Concello quere que A Almáciga sexa a seguinte ARI de Compostela, trala declaración do barrio de Vista Alegre e a inminente dos grupos Cardeal Quiroga e Compostela, en Pontepedriña. Esta área, delimitada pola Rúa de San Pedro, A Almáciga e a Avenida do Lugo, comprende unhas 2.000 vivendas.

O estudo que realizará a USC inclúe dúas enquisas de opinión: unha dirixida aos veciños e outra aos comerciantes. Tamén se aplicará o Sistema de Información Xeográfica (SIX), unha base de datos interactiva e territorializada na que se recollerá información relativa á vivenda, edificios, viario, equipamentos e mobiliario urbano. Estes elementos permitirán mellorar a operatividade do traballo e servirán para a toma de decisións da futura ARI. O importe de adxudicación é de 23.121 euros.

Compartir: