CENTROS SOCIOCULTURAIS

Lectura e lecer únense un verán máis na Bibliopiscina de Sar

03/07/2007 A Rede de Centros Socioculturais leva a súa Bibiliopiscina ao complexo deportivo Fontes do Sar por cuarto verán consecutivo. Este ano o lema é "Ven a disfru Sar"

A oferta desta edición, presentada polo concelleiro de Centros Socioculturais, Néstor Rego, inclúe unha completa selección de 250 libros, cómic, guías, álbums para pequenos e libros de entretemento, ademais de 100 xogos. Todo isto complementado con obradoiros e merendas.

Os libros e os xogos iranse renovando nos dous meses que permanecerá aberta a Bibliopiscina. O material poderase coller en préstamo dentro do recinto da piscina deixando un carné de identidade como sinal. Os rapaces que se acheguen á carpa instalada en Sar recibirán diverso material de agasallo.

A Biblioposcina estará aberta de 17:00 a 20:30 horas de martes a sábado. Permanecerá á disposición dos usuarios nos meses de xullo e agosto, e pecharase cunha festa de despedida ao remate, o 1 de setembro.

Na edición de 2006 participaron na Bibliopiscina 2.104 usuarios, cunha media diaria de 70,87. Do total, a maioría (1683) pediu xogos en préstamo, polos 360 que solicitaron libros e prensa e os 61 que participaron nun xogo xigante.

Compartir: