TURISMO

Volven ás rúas os "chaquetas vermellas"

02/07/2007 Entre o 2 de xullo e o 31 de agosto Turismo de Santiago pon novamente en acción aos "Chaquetas vermellas", que percorrerán prazas e rúas compostelás ofrecendo información turística.

O programa, organizado conxuntamente por Turismo de Santiago, o Consello Social e a Oficina de Voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela, conta con 20 mozos e mozas (10 en xullo e 10 en agosto) que traballarán por parellas entre as 9 da mañá e as 9 de noite, percorrendo as rúas e prazas da cidade para ofrecer solucións ás preguntas dos turistas e peregrinos.

De acordo con Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, os "chaquetas vermellas contribúen a canalizar os fluxos turísticos pola cidade vella cara a distintos puntos de interese máis aló da Catedral e as súas prazas".

"Ademais, prestan unha invalorable axuda cada verán aos visitantes, que atopan neles consello sobre as múltiples opcións turísticas e de lecer da cidade, aloxamentos, medios de transporte e enderezos’, sinala Iglesias.

Compartir: