OBRAS

Nova beirarrúa e melloras nas canalizacións para o carril de servizo na N-550 entre a Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas

02/07/2007 O Goberno local asignou as obras de acondicionamento de carril de servizo na N-550, dende o punto quilométrico 61.995 ao 62.940. O importe de adxudicación é de 209.136 euros e o prazo de execución de catro semanas.

O carril de servizo entre a rotonda da Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas dende o Periférico acondicionarase para mellorar as súas condicións de seguridade e dotalo dunha beirrarrúa.

Ademais da novas beirarrúas, tamén se habilitará unha nova barandilla neste tramo. Igualmente, procederase á canalización de augas, para evitar as acumulacións de auga que se veñen producindo neste carril en días de moita choiva.

Obras en Grixoa
Na mesma sesión da Xunta de Goberno adxudicáronse as obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV en Grixoa, por un importe de 145.820 euros. Estas obras están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2007 da Deputación Provincial da Coruña.

Afróntase a segunda fase destas obras na estrada. A terceira xa está en fase de contratación.

Acondicionamento da praza da Muíña
Por outra parte, o Concello investirá 137.225 euros nas obras de acondicionamento da praza da Muíña. Actuarase nun ámbito de 2.000 metros cadrados para dotar a esta praza romboidal de novas áreas de lecer.

Situada no centro do barrio e a carón do centro sociocultural, na praza construirase unha pista deportiva e outra de xogos infantís.

Compartir: