TRANSPORTES

Novos horarios de verán no servizo de transporte urbano

27/06/2007 O 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no transporte urbano. Este ano mantense a liña de reducións de campañas anteriores, aínda que cunha menor intensidade, debido sobre todo ás últimas modificacións feitas no servizo.

Os servizos afectados polos últimos cambios realizados na rede non se verán reducidos para que deste xeito os nosos usuarios se acostumen aos mesmos. En concreto trátase das prolongacións das liñas C5 e C6 ata o polígono de Costa Vella, da ampliación de frecuencias pola tarde na liña de Ortoño, da prolongación da cabeceira da liña 5 e da ampliación de servizos ao longo de toda a xornada na liña 13.

Para coñecer toda a información pódese consultar a páxina web www.tussa.org. Ademais editaranse 10.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na Estación de Autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e nas oficinas de INCOLSA. Así mesmo, a empresa operadora Tralusa ten a disposición dos usuarios o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo.

Documentos relacionados



Compartir: