MEDIO AMBIENTE

O Concello limpará o contorno dos núcleos rurais con especial risco de incendio

25/06/2007 A Xunta de Goberno local adxudicou á empresa CESPA as actuacións do Plan de Prevención de Incendios Forestais, por un importe de 59.375 euros.

O obxectivo deste programa é limpar de maleza o contorno dos núcleos rurais de Compostela con especial risco de incendio. A limpeza destes núcleos comezará de inmediato, por considerar os técnicos municipais que este é precisamente o mellor momento para facer estes traballos.

Con estas actuacións e as que leva a cabo a Consellería de Medio Rural, preténdense evitar os riscos que para as vivendas poden supoñer os incendios forestais, establecendo un contorno limpo que evite a propagación das lapas.

Compartir: