URBANISMO

Obras de reparación de actos vandálicos en Belvís

25/06/2007 A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de reparación de actos vandálicos na urbanización do SUNP-9 de Belvís, proposto polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable deste solo. A actuación, deseñada polo arquitecto César Portela, abrangue diversas obras para a conservación e mantemento desta urbanización xa executada.

As obras de reparación inclúen: limpeza e saneado de muros de mampostería, reconstrución de muros, construción de soleiras de formigón como base de pavimentos graníticos, resconstrución, restauración, limpeza e pintado de templete ou limpeza e tratado do grafite. Igualmente, repoñeranse e trataranse as árbores, prepararase a pradería de céspede, repoñeranse os elementos metálicos e de madeira, construiranse peches metálicos, substituiranse e repararanse elementos graníticos, substituiranse as balizas deterioradas e repoñeranse os cables.

Esta intervención en ningún caso suporá cambio de materiais, xeometría ou urbanización. Unicamente se mudará o tipo de balizas de iluminación existentes, que se substituirán por outras habitualmente utilizadas polo Concello de Santiago nas súas instalacións.

Compartir: