ALCALDÍA

Visita do embaixador de Xapón

23/06/2007 O embaixador de Xapón en España, Motohide Yoshikawa, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Yoshikawa é embaixador do país nipón en España dende setembro de 2006. Na súa charla con Sánchez Bugallo, non faltou a referencia ao turismo e a o importante número de xaponeses que cada ano visitan Santiago de Compostela.

Compartir: