BENESTAR SOCIAL

Un mozo con diabete realiza correndo os últimos 157 quilómetros do Camiño de Santiago

22/06/2007 O 15 de xuño, David Jiménez, un mozo con diabete membro partiu de Pedrafita do Cebreiro co obxectivo de cubrir correndo os últimos 157 quilómetros do Camiño de Santiago. Xa en Compostela, foi recibido pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín, en recoñecemento á súa xesta.

A unha media de 23-25 quilómetros diarios durante sete días, David chegou xunto cun amigo a Santiago o xoves 21 ás 11:00 horas, para participar na Misa do Peregrino.

Como membro de Diatletic, equipo de deportistas con diabete creado a iniciativa da Fundación para a Diabete, David, corre, ademais de pola súa paixón polo deporte, para demostrar á sociedade que a diabetes non é unha barreira para alcanzar calquera meta que un se propoña e que a práctica do deporte contribúe a previr e controlar a diabete.

David Jiménez e o seu compañeiro tamén foron recibidos pola Fundación para a Diabete e pola Asociación Compostelá de Diabete.

Compartir: