URBANISMO

Listo o proxecto de expropiación do último polígono de vivenda protexida previsto no PXOU

25/06/2007 A Xunta de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de expropiación do SUNP-12 de Lamas de Abade. Trátase do último polígono de vivenda protexida previsto no rematado Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). O orzamento previsto para executar esta expropiación é de 8.088.018 euros.

Está previsto sacar a licitación en paralelo o proxecto de urbanización, co obxectivo de que poidan comezar as obras á volta do verán. Neste polígono, dunha superficie de case 70.000 metros cadrados, construirase un máximo de 341 vivendas.

O Goberno local tamén ratificou inicialmente o proxecto de reparcelación do SUNP-37.3, na Costa Vella, grazas ao cal se poderá sacar a licitación. Este solo industrial ten unha superficie de 167.309 metros cadrados.

Compartir: