ALCALDÍA

Recoñecemento a un traballo solidario

22/06/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a Urmi Basu, traballadora social e fundadora do fogar New Light na India. Trátase dun centro de acollida para os fillos das traballadoras sexuais do barrio de Kalighat, un dos máis grandes de Calcuta.

A india Urmi Basu conta con anos de experiencia na loita polos dereitos da muller. Cando chegou por primeira vez a Kalighat, sentiuse conmovida ao ver os nenos que vagaban polas rúas mentres as súas nais atendían aos clientes. Os pequenos permanecían ata altas horas da madrugada nun ambiente de violencia e drogas.

No centro de acollida, cuxo nome é New Light (nova luz), os nenos reciben educación, asistencia sanitaria e alimentación. Urmi quere protexer aos nenos dos abusos e abrirlles unha porta ao futuro.

Compartir: