COMERCIO

O Servizo de Asesoramento ao Comercio atendeu máis de 60 entrevistas desde a súa creación

21/06/2007 O Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC), pertencente á Concellaría de Promoción Económica e Comercio, atendeu 66 entrevistas con cita previa dende que empezou a funcionar, no mes de febreiro. As entrevistas teñen unha duración media de unha hora. Arredor do 60% das consultas foron realizadas por novos emprendedores. A maioría demandaban información sobre como elaborar un Plan de Empresa. O outro 40% correspondeu a consultas de comerciantes que, sobre todo, solicitaban estratexias para mellorar a captación de clientes, mediante técnicas de fixación de prezos ou criterios para deseñar escaparates.

Do Servizo de Asesoramento ao Comercio pódense beneficiar os comerciantes e hostaleiros en activo, as persoas emprendedoras e as asociacións de comerciantes. Atende consultas vinculadas coa actividade comercial (optimización de recursos, modernización de infraestructuras, etc.) e coa implantación de novos estabelecementos (entrevistas de seguemento, elaboración dos Plans de Empresa, etc.)

A oficina do SAC está ubicada na Rúa Horreo nº 100, e funciona en horario de 8:30 a 12:00 horas. Ten establecido un sistema de cita previa a través do teléfono 981 568 752. Presta servizos de captación e asesoramento a emprendedores e comerciantes en activo, formación para comerciantes en activo e emprendedores, acción de dinamización e promoción comercial e hostaleira e asesoramento a asociacións. A través deste servizo tamén se coordinan as liñas de actuación do Plan de Excelencia Comercial do que forma parte, e as accións relacionadas co sector desenvolvidas pola Xunta, o Concello de Santiago, a Cámara de Comercio e as asociacións de comerciantes.

O SAC enmárcase dentro do Plan de Excelencia Comercial asinado entre a Concellaría de Promoción Económica e Comercio e a Deputación de A Coruña, que conta cun orzamento de 289.022 euros.

Compartir: