EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música pechou o curso cun concerto no Principal

21/06/2007 Os alumnos e alumnas da orquestra e do coro da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto no Principal. O concerto servía para pechar o curso e fixo un percorrido por diferentes estilos musicais procedentes de diversos países do mundo.

O grupo de música tradicional da Escola interpretou, para comezar, a peza tradicional francesa "Músete". Logo chegarían composicións de Irlanda ("Slow air"), de Reino Unido ("Let it be", de The Beatles), de China (canción tradicional), de Cuba ("Lágrimas Negras", de Miguel Matamoros", de Senegal ("Abiassa") e de Estados Unidos ("Nobody knos you "When you`re down and out", de Eric Clapton).

O repertorio completouse con varios temas galegos. O coro da Escola interpretou as cancións tradicionais "O voso galo comadre" e "Carolina, mentres que a Orquestra tocou "Vilanova", de Pablo Pascual.

Con este variado concerto, a Escola Municipal de Música pechaba un curso no que se impartiron ensinanzas de acordeón, baixo eléctrico, clarinete, contrabaixo, frauta traveseira, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, oboe, percusión, piano, saxofón, trompa, trompeta, viola, violín e violonchelo. A práctica instrumental neste centro desenvólvese a distintos niveis e idades, partindo dos catro anos.

Compartir: