DEPORTES

Compostela e Ávila, unidas polo ciclismo

19/06/2007 O novo concelleiro de Deportes Andrés Fariña, recibiu en Raxoi á concelleira de Deportes de Ávila, Patricia Rodríguez Calleja, e á Peña Ciclista "Amigos de Santiago" desta cidade.

Esta agrupación realiza cada ano unha marcha ciclista que une Ávila e Santiago de Compostela. A delegación abulense mostrouse orgullosa de realizar esta rota, que une dúas cidades Patrimonio da Humanidade. Pola súa parte, Andrés Fariña aproveitou para recordar a súa afección ao ciclismo e que el mesmo percorreu en bici o Camiño de Santiago. Ademais, destacou a importancia de unir as dúas cidades a través do deporte.

Compartir: