ALCALDÍA

O camiño central do recinto feiral de Silleda convértese na Avenida de Santiago

17/06/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo asistiu á clausura da feira Semana Verde de Silleda xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Alí destaparon unha placa no camiño central do recinto, que a partir de agora levará o nome de Avenida de Santiago.

Sánchez Bugallo agradeceu á Fundación Semana Verde a deferencia de bautizar co nome de Avenida de Santiago o camiño central da feira. O alcalde lembrou que o Concello de Santiago ten asinado un convenio coa Fundación Semana Verde para integrar os recintos feirais de Santiago co de Silleda, e que hai que seguir traballando neste eido para que se "xeren sinerxias e poidamos competir de xeito máis idóneo". Neste sentido sinalou a súa intención de crear un consorcio de recintos feirais para realizar desde Santiago unha oferta única en Galicia, con características espaciais específicas.

Compartir: