ALCALDÍA

Destacados representantes da arquitectura contemporánea mundial reuniranse en Compostela no mes de novembro

18/06/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos organizadores dos V Encontros Internacionais de Arquitectura, que se celebrarán en Santiago os días 8, 9 e 10 de novembro. O evento congregará a máis de 1.300 arquitectos no Palacio de Congresos, na que xa é a terceira edición que acolle Compostela.

O comité organizador explicoulle a Sánchez Bugallo a marcha dos preparativos deste encontro, organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o grupo de arquitectos de Andar Quatro. Importantes personalidades da arquitectura contemporánea mundial visitarán Santiago con motivo das xornadas.

Compartir: