AEROPORTO

Lavacolla será a base dun novo avión de Salvamento Marítimo

15/06/2007 O aeroporto compostelán de Lavacolla será a base dende a que operará un novo avión de Salvamento Marítimo, bautizado como Rosalía de Castro, que dará servizo á fachada galaico-cantábrica.

A aeronave CN-235-300 foi presentada nun acto presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. Tamén asistiron ao acto o alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo; a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, e o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras).

Este novo avión mellorará a capacidade para os labores de salvamento e de busca de náufragos, ademais da prevención e loita contra a contaminación mariña.

O Rosalía de Castro está equipado con Sistema Táctico Totalmente Integrado. Pode permanecer no aire máis de nove horas, e intervir en operacións cun alcance de 3.706 quilómetros e un radio de acción de 1.853, cunha velocidade de 437 quilómetros por hora.

Compartir: