MULLER

Unha chamada á conciencia sobre a dobre discriminación á muller

14/06/2007 A concelleira de Muller en funcións, Adelaida Negreira, presentou unha nova campaña destinada a promover a igualdade e a chamar a atención sobre a dobre discriminación que sofren moitas mulleres, polo feito de ser mulleres e por factores como a idade ou algunha discapacidade.

"Non sexas ti a peor barreira" é o lema desta campaña, que se divulgará a través de cartelería e duns caderniños que serán repartidos por toda a cidade. O lema común está acompañado doutros catro diferenciados e dunha mensaxe: "A barreira que máis tememos é a túa incapacidade para vernos capaces".

A campaña está promovida pola Concellería da Muller e financiada pola Deputación da Coruña.

Compartir: