DEPORTES

O Cidade de Santiago celebrou en Raxoi o seu ascenso á Terceira División

13/06/2007 Xogadores, técnicos e directivos do Cidade de Santiago foron recibidos polo alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, e por parte da Corporación. O acto serviu para recoñecer o ascenso deste club á Terceira División.

O Cidade de Santiago pechou a temporada co ascenso á categoría superior o domingo 10 de xuño. Foi en Verín (Ourense), onde derrotou ao conxunto local por 0-1, tras ter empatado sen goles a semana anterior en Santiago. O club chega a esta eliminatoria decisiva despois de rematar en segunda posición a temporada regular na Rexional Preferente, grupo Norte.

Compartir: