EDUCACIÓN

Apróbanse as listas provisionais para as escolas infantís de Conxo e de Fontiñas

11/06/2007 A Xunta de Goberno local aprobou as listas provisionais de admisión e de espera para o curso 2007-2008 nas diferentes unidades das escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas.

Esta relación exporase no taboleiro xeral do Concello de Santiago e no Departamento de Educación e Mocidade. Os solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas, debidamente documentadas, no prazo de 10 días dende a data de publicación da relación provisional.

As de Conxo e de Fontiñas son as dúas escola infantís actualmente en funcionamento na cidade. No curso 2007-2008 entrará en funcionamento a de San Roque e tamén no 2008 estarán listas a do Polígono do Tambre e do Parque da Constitución.

Compartir: