DEPORTES

Éxito de participación nunha nova edición do Día do Deporte

09/06/2007 Compostela viviu unha campaña máis o Día do Deporte. Persoas de todas as idades achegáronse a varios espazos da cidade para practicar diversas disciplinas deportivas nunha xornada lúdica e festiva. As actividades eran de balde.

O multiusos Fontes do Sar acolleu a maior parte das actividades, como a campaña de minibásquet, as finais de copa de fútbol sala, partidas de xadrez, un torneo de chave, unha ximcana ciclista e áreas recreativas de golf e hockei. A entrada aos ximnasios foi gratuíta e tamén se abriu a piscina ao aire libre.

Ademais, o pavillón do Restollal acolleu un trofeo de karate, mentres que a piscina de Santa Isabel foi o escenario dun encontro escolar de waterpolo.

Compartir: