AUDITORIO

Frans Brüggen volve dirixir á Real Filharmonía de Galicia

07/06/2007 Logo do éxito do seu anterior concerto, o xoves 7 de xuño, Frans Brüggen ponse de novo ao fronte da Real Filharmonía de Galicia no que será o penúltimo concerto desta tempada de abono 2006/2007. Dúas obras mestras da música barroca compoñen o repertorio da noite: a "Sinfonía núm. 6", de Schubert, e a "Sinfonía núm. 7, de Beethoven. Deste xeito, o director holandés consolida a súa íntima relación coa cidade, iniciada hai xa cinco anos.

Frans Brüggen remata así a súa estadía de dúas semanas na capital galega. Considerado como un dos expertos máis importantes do mundo na interpretación da música dos séculos XVIII e XIX, naceu en Amsterdam onde estudou musicoloxía. Máis tarde, en 1981, fundou a Orquestra do Século XVIII, formada por 60 membros de distintos países, todos expertos en repertorio dos séculos XVIII e XIX e que tocan instrumentos históricos ou copias contemporáneas. Ademais, Brüggen traballou como director coa Orquestra do Concertgebouw, coa Orquestra do Século das Luces, coa Orquestra Philharmonia de Londres ou coa Filarmónica de Israel.

Maxestuosidade musical

Os estudosos de Beethoven coinciden en salientar a maxestuosidade da Séptima Sinfonía, na que destacan os seus elementos rítmicos. Da mesma, Wagnger dixo: "a Sétima sinfonía é a apoteose da danza, é a danza mesma no seu aspecto máis sublime, como se fose a acción excelsa do movemento corporal integrado nun molde de tonalidade ideal".

A estrea da Sétima Sinfonía tivo lugar o 8 de decembro de 1813 na sala da Universidade de Viena, nun concerto dedicado ás vítimas da batalla de Hanau e a todos os soldados austríacos que loitaban contra Napoleón. Xa daquela, como ocorre hoxe en moitas ocasións, o segundo movemento foi repetido como propina.

Compartir: