CENTROS SOCIOCULTURAIS

Fontiñas abre o seu encontro cos sentidos

05/06/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, inauguraron a VI Semana Cultural do centro de Fontiñas. As diferentes actividades, agrupadas baixo o denominador "Con todos os sentidos", desenvolveranse do martes 5 ao sábado 9 de xuño.

Este primeiro acto incluíu a apertura da exposición "Fontiñas, con todos os sentidos", que recolle traballos dos talleres de pintura do propio centro sociocultural. Ademais, no espazo mozo, rematouse o graffiti "Sensacións ao límite". A nota musical veu da man da coral Castrosúa e do grupo de habaneras Peña Rodaballo.

A oferta de lecer inclúe exposicións, teatro, música, obradoiros, xogos de mesa, catas e visitas. Toda unha invitación a experimentar cos sentidos. A semana pecharase o sábado 9 de xuño cunha romaría que servirá para festexar o fin do programa "A historia vai por barrios".

Compartir: