PLENO

Retransmisión do pleno ordinario do 26 de setembro

26/09/2024 10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00042340C.
Aprobación, se procede, das seguintes actas:
Sesión ordinaria do 27 de xuño de 2024.
Sesión ordinaria do 19 de xullo de 2024.
Sesión extraordinaria do 31 de xullo de 2024.
2. ALCALDÍA. Referencia: 2024/00039993L.
Concesión de honras e distincións: nomeamento da "Praza da Veciñanza" na parroquia de A Gracia.
3. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00049495A.
Aprobación provisional da Modificación puntual do PXOM e do PE-1 no ámbito da parcela EM-FE (O Espiño).
4. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00050024A.
Aprobación definitiva da Modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) na unidade edifictatoria 511224 (rúa do Franco, 56).
5. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00023893T.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle para establecemento de condicións estéticas de fachada nos chalés adosados na zona Z.1 do SUNP-29 (Brandía).
6. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2024/00031745M.
Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación puntual da Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública.
7. INFORMÁTICA. Referencia: 2024/00035962J.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos e unha indemnización substitutiva recoñecendo as débedas coas empresas Imatia Innovation SL e Esri España Soluciones.
8. BANDA DE MÚSICA. Referencia: 2024/00036510D.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por gastos derivados de varias facturas da Banda Municipal de Música.
9. SERVIZOS BÁSICOS. Referencia: 2024/00036759M.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos e unhas indemnizacións substitutivas recoñecendo as débedas coas empresas Ferrovial Construcción SA e UTE Sawatco-Átomo.
10. PARQUES E XARDÍNS. Referencia: 2024/00036786D.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos e unha indemnización substitutiva recoñecendo as débedas coa empresa Redondo Valladares y Rodríguez SLP.
11. OBRAS E PROXECTOS. Referencia: 2024/00041220G.
Levantamento do reparo de intervención e aprobación da factura en concepto de contrato de servizos de redacción de proxecto e dirección facultativa das obras "Recuperación do Campus Sur para o cidadán".
12. Proposición presentada polo grupo municipal Socialista para o cumprimento efectivo dos acordos plenarios do curso político 2023-2024.
13. Proposición presentada polo grupo municipal Socialista relativa ao servizo de conserxería e limpeza dos centros de educación infantil e primaria.
14. Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para solicitar que o aeroporto Rosalía de Castro deixe de perder competitividade e se convirta no aeroporto de referencia do noroeste español.
15. Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para por en marcha o mantemento dos polígonos industriais da Sionlla e de Costa Vella dado o lamentable estado de conservación.
16. PROTOCOLO E RELACIÓNS PÚBLICAS. Referencia: 2024/00027273H.
Tomar coñecemento da aprobación definitiva da modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago de Compostela.
17. ALCALDÍA. Referencia: 2024/00042340C.
Tomar coñecemento do informe sobre o cumprimento de acordos plenarios.
18. INTERVENCIÓN. Referencia: 2024/00042340C.
Tomar coñecemento de informe de fiscalización de data 13 de agosto, referencia 393/2024.
19. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00042340C.
Tomar coñecemento de resolución da alcaldía de delegación de atribucións.
20. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00042340C.
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
21. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1. Formulado polo grupo Socialista relativo á recollida do lixo na Costa do Vedor.
Preguntas orais:
1. Formulada polo PP sobre beirarrúas nas rúas do Nabal e dos Príncipes.
2. Formulada polo PP sobre o cambio de ubicación de contenedores no rural.
3. Formulada polo PP sobre campaña de boas prácticas e conductas para un turismo sostible.
4. Formulada polo grupo Socialista relativa ao estado xeral de limpeza e mantemento do concello.
5. Formulada polo grupo Socialista sobre o protocolo do CHUS.
6. Formulada polo grupo Socialista sobre a xestión da rede de centros socioculturais.
Preguntas escritas:
1. Formulada polo PP sobre bonificacións IBI.
22. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para axilizar a xestión do proxecto entre Sar e Sarela e evitar a perda de fondos europeos de recuperación Nextgeneration.
2. Presentada polo PP en relación a Sogama e contra a suba do canon que quere facer o Goberno de España.
3. Presentada polo PP para eliminar os grafitis e pegadas incontroladas de carteis na vía pública e nos escaparates dos locais baleiros.
4. Presentada polo PP sobre a situación política de Venezuela e de apoio aos venezolanos de Santiago de Compostela.
5. Presentada polo grupo Socialista sobre o núcleo do Castro na Lavacolla.
6. Presentada polo grupo Socialista relativa á situación do profesorado no CEIP Quiroga Palacios.
7. Moción conxunta (grupos BNG, CA e Socialista) para o rexeitamento da subida do canon de Sogama e por un novo modelo de xestión de residuos.

Compartir: