EDUCACIÓN

Nova edición do Concurso Literario Ánxel Casal

04/06/2007 O Goberno local aprobou as bases da convocatoria da que será a XIII edición do Concurso Literario Ánxel Casal, nas súas modalidades de conto, poesía e teatro. O orzamento é de 5.990 euros.

Como en edicións anteriores, haberá dous premios para cada unha das categorías. O primeiro será de 1.000 euros e o segundo de 700.

O Concurso Literario Ánxel Casal promove a creación literaria entre os alumnos e alumnos dos centros de ensino secundario de Galicia. Foi creado no ano 1996 con motivo da celebración do 150 aniversario da fundación do Instituto de Bacharelato Arcebispo Xelmírez I e en recoñecemento do insigne galeguista Ánxel Casal, que fora alcalde da cidade de Santiago de Compostela.

Compartir: