COMERCIO
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" foi impulsada por un grupo de mulleres comerciantes da cidade, en colaboración coa concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, co obxectivo de tecer rede e darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias que traballan en Santiago. No marco desta iniciativa, cada mes é un establecemento o que difunde unha causa social ou solidaria, coa colaboración sempre das outras tendas participantes.
A concelleira María Rozas reiterou a súa satisfacción pola marcha da campaña, "polo seu contido social, pero tamén porque pón en valor un modelo de comercio de proximidade que temos que seguir potenciando".
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade
12/09/2024 A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou esta mañá na Praza de Abastos o establecemento "Cousas do Campo", protagonista de setembro na campaña "12 comercios, 12 sensibilidades". Ao longo deste mes, o establecemento de froitas e verduras está dando a coñecer o mercado labrego semanal "Daquí darredor", e poñendo en valor os produtos frescos e de proximidade.
Ao longo de todo o mes, "Cousas do Campo" organizou degustacións de produtos como marmeladas, zumes ou galletas elaboradas con produtos de proximidade, que se poden atopar en "Daquí Darredor". Este é un mercado labrego semanal que se celebra en Brión, e desde o que se impulsan diferentes actividades paralelas que teñen como obxectivo que os consumidores e consumidoras coñezan de primeira man como se producen os alimentos.A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" foi impulsada por un grupo de mulleres comerciantes da cidade, en colaboración coa concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, co obxectivo de tecer rede e darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias que traballan en Santiago. No marco desta iniciativa, cada mes é un establecemento o que difunde unha causa social ou solidaria, coa colaboración sempre das outras tendas participantes.
A concelleira María Rozas reiterou a súa satisfacción pola marcha da campaña, "polo seu contido social, pero tamén porque pón en valor un modelo de comercio de proximidade que temos que seguir potenciando".